Nos últimos días varias familias están a colaborar connosco, donando xoguetes e materias para que a nosa aula ofreza máis posibilidades de xogo e diversión.
Pero sen dúbida hoxe recibimos un gran agasallo: un precioso cabalete de pintura feito de xeito artesanal polo papi de Alexandra. Moitísimas gracias, seguro que o disfrutaremos moito.
Para darlle a benvida ao curso escolar 2014-15 celebramos unha xornada de xogos tradicionais do mundo, na que xogamos xuntos tod@s os compañeir@s do cole, @s profes e os papis e mamis.
Ollade.
Hoxe comezamos o día cunha actividade moi entretida: manipulando animais de cores.
Observámolos,intercambiámolos, ordenámolos por cores, contámolos,... e por último cubrimos unha folla de rexistro cos resultados das nosas observacións.
Boas de novo! Arrancamos motores...Despois dun merecido descanso os nenos e nenas volven ao cole. A continuación veredes o testimonio das súas primeiras interaccións na nova aula e cos novos compañeir@s. BENVID@S TOD@S E FELIZ COMEZO DE CURSO!