lunes, 27 de octubre de 2014

PEQUENOS AGRICULTORES

Hoxe os nenos e nenas de infantil A fomos a Laranga. A nosa misión era descubrir cousas sobre o millo. Para iso, contamos coas explicacións de Maruja e de Juan ( a avoa e o pai de Alexandra).





Pero, ademais das pertinentes explicacións sobre os procesos de semente e recollida do millo, tamén nos deixaron facer traballo de campo: esfollamos e recollemos as espigas do millo, que xuntamos ata encher o carro do tractor.

Foi unha experiencia moi divertida, da que vos amosamos algunhas fotos, só algunhas ehh hh... porque as demais colgarémolas no blog do cole. 

Ollade que ben o pasamos e cómo traballamos.









Por último, só nos queda darlle as grazas á familia de Alexandra pola súa colaboración. 


viernes, 26 de septiembre de 2014

PEQUEN@S ARTISTAS!

Hoxe algúns nen@s e nenas de infantil A comezamos a explorar as nosas dotes artísticas. 
Ollade que cadros máis fermosos fixemos coas acuarelas.















jueves, 25 de septiembre de 2014

GRACIAS POLAS VOSAS APORTACIÓNS

Nos últimos días varias familias están a colaborar connosco, donando xoguetes e materias para que a nosa aula ofreza máis posibilidades de xogo e diversión.
Pero sen dúbida hoxe recibimos un gran agasallo: un precioso cabalete de pintura feito de xeito artesanal polo papi de Alexandra. Moitísimas gracias, seguro que o disfrutaremos moito.

viernes, 12 de septiembre de 2014

XOGOS EN FAMILIA

Para darlle a benvida ao curso escolar 2014-15 celebramos unha xornada de xogos tradicionais do mundo, na que xogamos xuntos tod@s os compañeir@s do cole, @s profes e os papis e mamis.
Ollade.























jueves, 11 de septiembre de 2014

MANIPULANDO ANIMAIS

BOS DÍAS!

Hoxe comezamos o día cunha actividade moi entretida: manipulando animais de cores.

Observámolos,intercambiámolos, ordenámolos por cores, contámolos,... e por último cubrimos unha folla de rexistro cos resultados das nosas observacións.

Aquí vos deixamos unha pequena mostra.


miércoles, 10 de septiembre de 2014

BENVID@S !!

Boas de novo! 

Arrancamos motores...Despois dun merecido descanso os nenos e nenas volven ao cole. 
A continuación veredes o testimonio das súas primeiras interaccións na nova aula e cos novos compañeir@s.

BENVID@S TOD@S E FELIZ COMEZO DE CURSO!