Pero, ademais das pertinentes explicacións sobre os procesos de semente e recollida do millo, tamén nos deixaron facer traballo de campo: esfollamos e recollemos as espigas do millo, que xuntamos ata encher o carro do tractor.
Foi unha experiencia moi divertida, da que vos amosamos algunhas fotos, só algunhas ehh hh... porque as demais colgarémolas no blog do cole.
Ollade que ben o pasamos e cómo traballamos.
Por último, só nos queda darlle as grazas á familia de Alexandra pola súa colaboración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario