lunes, 27 de octubre de 2014

PEQUENOS AGRICULTORES

Hoxe os nenos e nenas de infantil A fomos a Laranga. A nosa misión era descubrir cousas sobre o millo. Para iso, contamos coas explicacións de Maruja e de Juan ( a avoa e o pai de Alexandra).





Pero, ademais das pertinentes explicacións sobre os procesos de semente e recollida do millo, tamén nos deixaron facer traballo de campo: esfollamos e recollemos as espigas do millo, que xuntamos ata encher o carro do tractor.

Foi unha experiencia moi divertida, da que vos amosamos algunhas fotos, só algunhas ehh hh... porque as demais colgarémolas no blog do cole. 

Ollade que ben o pasamos e cómo traballamos.









Por último, só nos queda darlle as grazas á familia de Alexandra pola súa colaboración.